26 de maio de 2016.- O BNG nos concellos de Xove e Cervo presentarán mocións demandando o investimento na comarca dos recursos obtidos polo tráfico de mercadorías producido no peirao que xestiona ate 2023 a multinacional Alcoa e depende administrativamente do ente estatal, Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao.
Creación dunha autoridade portuaria propia para evitar a perda de investimentos na comarca
A formación nacionalista reclama a segregación deste peirao para crear unha autoridade portuaria propia, e sustenta o argumento na falta de investimentos na comarca “porque todo escapa para Ferrol”. Aclaran que “non teñen nada en contra de que o Estado faga investimentos en Ferrol, outra cousa é que cada ano mais de tres millóns de euros saian da comarca non se sabe onde”. “A actual autoridade portuaria compartida non beneficia á comarca, son mínimos os investimentos, e non van mais alá de simples esmolas para mantemento, nin sequera se coñece si se gastan os fondos incluídos nos orzamentos do Estado cando son mínimos en relación ao recadado no peirao de Morás – 9,5 millóns de euros entre 2012 e 2014 – mentres os orzamentos estatais destinaban á comarca no mesmo período 345.000 euros que non se executaron.
O peirao de San Cibrao supera o movemento de mercadorías doutros con xestión propia segregados nos últimos anos
O peirao que comparten os dous concellos ten anualmente un movemento de mercadorías superior aos cinco millóns de toneladas, unha cifra que supera a de peiraos con autoridade portuaria propia como o de Vilagarcía, ou Avilés e Motril con autoridade portuaria propia respectivamente desde 1996 e 2005 sen que isto reducira a súa capacidade operativa e competitiva. “Estamos pois ante unha decisión política á que se deben sumar todas as forzas sociais e políticas da comarca porque mentres seguimos perdendo recursos ano tras ano”, afirmaron Marco López e Luis Bernardo Insua, portavoces municipais nacionalistas en Xove e Cervo.
É necesario abrir o dique norte ao tráfico comercial para xerar inercias económicas e emprego na comarca
A seis anos do fin da concesión administrativa prestada á empresa alumineira para xestionar en exclusiva o peirao, a formación nacionalista pide o apoio de ambas corporacións para demandar do Estado “a apertura de negociacións coa multinacional Alcoa de cara a abrir ao tráfico comercial o dique norte de Morás”. “Hai un dique de abrigo en desuso que podería ofrecer centos de empregos de levarse a cabo o proxecto de abrilo ao tráfico comercial”, concluíron ambos portavoces”. Engaden que un informe elaborado por Portos de Galiza no ano 2010 estimaba que o proxecto podería estar executado en seis anos afirmando que a súa viabilidade nun período de tempo razoábel, ademais de desenvolver factores como a creación de emprego, a atracción de investimento privado e a apertura de novos mercados.
Hai que preparar alternativas económicas e laborais para o futuro, moito mais diante das alarmantes noticias sobre a venda das factorías xestionadas por Alcoa no Estado.
Para o BNG urxe tomar decisións estratéxicas para manter o pulso económico da comarca e unha delas debe ser aproveitar ao máximo as infraestruturas existentes. O peirao de Morás é unha delas, e está infrautilizada pola deixadez e a ausencia de decisión política por parte dos dous partidos que por quendas levan anos decidindo no goberno estatal, PP e PSOE.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



