Barreiros, 12 de maio de 2016.- O PSdeG de Barreiros tras o anuncio feito en prensa polo Alcalde Sr Fuente Parga de rebaixar ata nun 95% o IBI ás explotacións agrogandeiras, e estando nun principio a favor desta medida xa que devandito sector ten un peso importante no noso concello e esta atravesando momentos difíciles, cree que é o momento de dar un paso mais e non solo rebaixar o tipo impositivo ao sector agrogandeiro, senón a tódolos veciños e veciñas do Concello e así o fai constar nunha moción rexistrada para o seu debate pola corporación municipal no vindeiro Pleno.
Posto que os Barreirenses soportamos o Imposto de Bens Inmobles máis alto de Galicia – explica Maria Carmen Veiga – xa que temos un tipo impositivo de 0,88 para Urbana e un 0,60 para Rústica e no que respecta á urbana temos a “dubidosa honra” de ter máis carga impositiva que Lugo Capital ou calquera outro Concello da Provincia, máis alto que Santiago, A Coruña, Ourense, Pontevedra, etc., os socialistas consideramos necesaria e urxente unha rebaixa do tipo impositivo de forma Universal, tanto para Urbana como para Rústica, e non nos valen desculpas de que poida afectar á estabilidade orzamentaria, por isto solicitamos se fagan cantos informes técnicos sexan necesarios para determinar a cuantía a rebaixar.
Así mesmo dado que o Concello de Barreiros, deixou expirar a moratoria da Normativa Europea que Obrigaba a dotar a todos os núcleos rurais de Saneamento, cuxa Normativa é do ano 2000 e tiña unha moratoria de 15 anos e polo tanto expirou o ano pasado. E ante un compromiso alcanzado polo Grupo Municipal socialista coa Alcaldía en Pleno, que ante o prexuízo que a falta de saneamento e o incumprimento da Normativa europea ocasionaba aos veciños e veciñas que carecían de dito saneamento por falta de infraestruturas para o mesmo, e xa que o alcalde se comprometeu a resarcilos dos prexuízos ocasionados. O grupo socialista cree que chegou o momento de que se adopte un acordo, para a redución do 50% de recibo de IBI a aqueles inmobles que non teñan acceso ao servizo de Rede de sumidoiros e Saneamento, mentres se atopen en dita situación e sen prexuízo de outras reducións que lles puidesen beneficiar.
Por outra banda, conscientes de que a revalorización Catastral que houbo recentemente supuxo un incremento dos valores catastrais e polo tanto un gran aumento nos recibos do IBI da maioría dos veciños e veciñas de Barreiros, superiores a un 60% e mesmo en moitos casos a unha porcentaxe mais alta. Visto que un importante número de vivendas incrementaron o seu valor catastral nun 500% co consecuente problema á hora de poder vendelas, herdalas, etc.., xa que o Imposto de Transmisión de Bens Patrimoniais se incrementou, o grupo socialista entende que se debería solicitar ao Catastro un novo Relatorio Catastral, á BAIXA, na valoración do chan e os bens inmobles para axustalo aos usos reais dos mesmos.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



