Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis romántico e ó amor máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é “Pendanca e oso”, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade. O espectáculo desenvolverase o xoves 12 de maio de 2016 no Teatro Pastor Díaz a partir das 20.30 horas. A entrada ten un prezo de 5 euros. Organiza: Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA. Colabora: Concello de Viveiro.
‘Pendanca e oso’ no Pastor Díaz de Viveiro
‘Pendanca e oso’ no Pastor Díaz de Viveiro
Relacionado
-
O deputado de Rural, Daniel García, achegouse á rapa das bestas do Campo do Oso, que se celebrou este domingo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación
-
O Museo Etnográfico de Trabada acolleu este sábado a xornada “Saberes e Sabores do Eo”
-
Este venres desenvolveuse nun día sollleiro a excursión ao Labirinto de Rinlo que planificaron os Concellos de Alfoz e Valadouro para promover alternativas de lecer e fomentar a convivencia na rapazada dos dous concellos que integran o val