Gran actuación das categorías menores no provincial do Tenis de Mesa Ribadeo que se celebrara esta fin de semana en Vilalba.
O equipo formado por Ángel Muiña e Javier López impoñíase en todos os seus encontros e proclamábase campión da categoría benxamín. A final disputada entre Ribadeo e A Pastoriza remataba cun 3-1 a favor dos ribadenses.
Pola súa parte, o equipo alevín, que tamén se clasificara para a fase final provincial, non puido pasar da primeira rolda, a pesar de realizar un bo papel.