Ribadeo, 19 de maio de 2016.- Nas comisións informativas, previas ao vindeiro pleno da Corporación Municipal abordaranse cuestións coma a ordenanza de medio ambiente no tocante á presenza de cans nas praias, que só estará prohibida durante a Semana Santa e durante o verán. Ribadeo contará cun areal nas inmediacións da Ponte dos Santos para que as mascotas e os seus propietarios poidan gozar dese entorno. Un recoñecemento extraxudicial de crédito e a solicitude de cesión de dereitos de varios viarios de titularidade provincial a carón da praia das Catedrais, segundo deu a coñecer este xoves á mañá o alcalde, Fernando Suárez Barcia.
O rexedor explicou que “varios son os asuntos que van ser tratados nestas comisións informativas que son previas ao pleno e onde hai temas de maior ou menor transcendencia. Algún que non ten moita transcendencia, pero seguro que é rechamante é o referido a que o pleno ten que tratar a baixa dunha pistola, dun arma da Policía Local que por inservible faise necesario que sexa solicitada a súa destrución e que se dea de baixa, pero para iso ten que ser o órgano plenario, ten que ser o pleno da Corporación quen acorde dar de baixa esta arma e polo tanto é un asunto máis da orde do día”.
Recoñecemento extraxudicial de crédito
Fernando Suárez contou que “outro asunto é un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe duns 62.000 euros e isto significa que foron todas aquelas facturas que foron xerando o seu gasto no ano 2015, pero que os provedores non as meteron no rexistro de entrada no Concello ata o 2016 e por unha cuestión de contabilidade necesítase agora facer un recoñecemento extraxudicial. Na súa meirande parte son facturas eléctricas, hai consignación para elas por suposto, pero insisto en que a pesar de que a todos os provedores os avisamos de que as facturas dun ano deben ser presentadas nese ano natural non debendo ser presentadas no ano seguinte, algúns fan caso omiso e iso nos leva a que os Concellos despois teñamos que facer expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito”.
O alcalde ribadense relatou que “outro asunto tamén se cadra un pouquiño importante é aquel que trata dunha alegación que en tempo e forma se presentou a un acordo plenario adoptado hai máis de dous meses, no cal fixemos unha modificación da ordenanza de medio ambiente para crear a posibilidade en Ribadeo de establecer algunha praia, algún espazo público para cans, para que os donos de cans puideran estar con eles comodamente e legalmente sen ter ningún problema por estar ceibos o por bañarse no mar. Neste caso quixemos estimar parcialmente unha alegación, que unha asociación de aquí da vila nos fixo, para acoutar un pouco o ámbito temporal desta circunstancia a épocas de Semana Santa e na tempada de verán. É dicir que o punto concreto recollerá que queda prohibida a circulación ou permanencia de cans nas praias de utilización xeral, nas que adoite bañarse a xente, pero limitado a épocas de Semana Santa e de tempada de verán. Compartimos esa sensación de que non é necesario prohibir absolutamente o resto do ano porque o resto do ano non soe haber ningún tipo de incidencia porque practicamente ninguén vai á praia e polo tanto a ninguén lle molestara que os cans anden por aí”.
Augasantas
Suárez Barcia dixo que “hai outra cuestión, que é unha petición que o Concello de Ribadeo pretende facerlle á Deputación Provincial de Lugo, que se trata da solicitude de cesión duns treitos de viarios provinciais titularidade da Deputación para que pasen a ser titularidade do Concello de Ribadeo no que ten que ver singularmente co entorno da praia de Augasantas, co entorno da praia das Catedrais. Tal e como se aconsella na proposta de traballo do plan especial de protección das Catedrais, que estamos a levar adiante desde o Concello, e que esperemos que en poucas semanas a empresa redactora nos entregue, nos dea o documento e que poidamos sacalo a exposición pública na súa fase de aprobación inicial. E por iso aconséllase tender a unha xestión unitaria e integral que simplifique a morea de administracións con responsabilidade nese entorno, e dado que o Concello é o impulsor deste plan especial do entorno da praia das Catedrais, que o que pretende nin máis nin menos é unha auténtica integración da conservación do entorno así como tamén da potenciación como recurso turístico, económico e medioambiental sostible, todo elo baixo o prisma da sustentabilidade. Pretendemos por iso que a Deputación lle traspase ao Concello a titularidade da vía de comunicación que vai desde a rotonda da N-634 ata o areal así como tamén a estrada que vai desde o límite do concello pasando polas Catedrais, Esteiro e Os Castros”.
Cronista oficial de Ribadeo
O rexedor engadiu que “finalmente hai outro asunto que tamén o imos levar a pleno e do que xa se fixeron eco algúns medios de comunicación estes días, que é a proposta que fai o goberno municipal para outorgarlle a título honorífico, o título de Cronista Oficial de Ribadeo a Eduardo Gutiérrez Fernández. Dicir que en Ribadeo téñense caracterizado moitas persoas ao longo da historia, sobre todo tamén da historia local contemporánea, por desenvolver unha intensa actividade cultural acorde coa puxanza comercial da nosa vila e das nosas parroquias. Eduardo Gutiérrez é un ribadense que, máis aló da súa significación política, desde sempre destacou polo seu intenso labor cultural, máis aló da súa capacidade profesional tamén moi vinculada a Ribadeo e a súa actividade produtiva agrogandeira, Eduardo Gutiérrez desenvolveu un traballo cultural inxente no asociacionismo de base como tamén a nivel ensaístico, de publicacións, de artigos relacionados coa historia moderna, coa historia contemporánea e coa historia un pouco máis pretérita de Ribadeo e da súa comarca. Por todo isto, por esta acreditada valía intelectual consideramos a Eduardo Gutiérrez merecedor do título honorífico de Cronista Oficial de Ribadeo e isto como ten que ser o pleno quen o determine querémolo levar a esta comisión informativa”.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



