Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Hospital da Costa a unha persoa que resultou ferida despois de ser golpeada por un tren no Apeadoiro de Marzán, en Foz.
Segundo relatou o alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, a persoa, no momento de producirse o accidente atopábase durmindo e coas pernas cara a vía. De contado, o persoal do 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Barreiros.
Tamén informou ao servizo de Adif Emerxencias, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, aos efectivos do GES de Cervo e de Protección Civil de Foz. O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 09.20 horas deste domingo.