O Burela Pescados Rubén suma e segue no camiño cara á conquista ligueira tras superar por 6-1 a un Jimbee Roldán FSF que pelexou na primeira parte pero que claudicou na segunda ante o poderío laranxa. Con este triunfo o Burela Pescados Rubén mantén o liderado e sitúase a tres pasos do obxectivo ligueiro.
O partido entre galegas e murcianas comezou con precaucións e respecto entre os equipos, as burelistas tomaron a iniciativa ante un Jimbee Roldán que se protexía defensivamente para non conceder espazos ás locais. O Burela soubo elixir o seu momento e Ceci inaugurou o marcador no minuto 6 culminando unha boa combinación colectiva. A pesar do 1-0 as visitantes non cambiaron o seu guión logrando conter o caudal ofensivo burelista. Sen ocasións claras transcorrían os minutos pero no minuto 12 Dany aproveitou un erro murciano para bater a Espe cun disparo seco desde 10 metros. O 2-0 deixou noqueado momentáneamente ao Jimbee Roldán pero as murcianas lograron reaccionar no tramo final do primeiro periodo. Marta Peñalver gozou de tres duelos ante Jozi que desbaratou cada un deles pero no minuto 17 Consuelo recortou distancias cunha vaselina precisa aproveitando a posición adiantada da meta burelista. O tanto espoleou ao Burela Pescados Rubén que a punto estivo de lograr o terceiro cun disparo ao pau de Peque e unha vaselina de Maite pero ao descanso chegouse co 2-1.
Na continuación a escuadra laranxa saltou á pista con con determinación e embotellou a un Jimbee Roldán que se defendía en 10 metros. O acoso e derribo mariñao recolleu o seu premio co 3-1, minuto25. Peque rouboulle a carteira a Marta Peñalver e definiu con claridade ante Espe. Co 3-1 o dominio burelista era absoluto. A excelente presión alta das de Lucas minou unha e outra vez a saída das murcianas. O cuarto resistíase aínda que a presenza ofensiva visitante nesta segunda parte era testimonial. A seis minutos para o desenlace o Jimbee apostou polo xogo de cinco asinando a súa sentenza definitiva no partido. O Burela Pescados Rubén liquidou o partido nun abrir e pecha de ollos. Dany marcou o 4-1 penalizando outra concesión visitante e Maite asinou o 5-1 dende media pista. No minuto final Dany completou a súa gran actuación selando o 6-1 final e o seu hat trick.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Dany, Gaby –cinco inicial- Maite, Claudia, Ceci, Andrea, Judith.
Jimbee Rodán FSF: Espe, Marta Peñalver, Inma Sojo, Consuelo, Claudia –cinco inicial- Anita París, Cris Pérez, Miriam.
Goles: 1-0, m.6, Ceci; 2-0, m.12, Dany; 2-1, m.17, Consuelo; 3-1, m.25, Peque; 4-1, m.34, Dany; 5-1, m.35, Maite; 6-1, m.40, Dany.
Árbitros: García Arbona, Silvia Plano. Asturias
Incidencias: Partido correspondente á 27ª xornada da Primeira División RFEF disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 500 espectadores.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
