Burela, 9 de xuño de 2016.- Diante da hipocrisía e demagoxia do PSOE, dende CxG Burela non podemos estar calados. Este mércores varios candidatos dos socialistas visitaban a nosa vila, entre eles o Ex-consellerio de traballo Ricardo Varela. Conselleiro con funcións de goberno cando en Burela escomenzaron os problemas de dúas empresas representativas: Gres Burela e ECESA, e ó que daquela non vimos pola nosa vila, nin prometendo nin moito menos aportando solucións.
O único logro deste político na Mariña foi un “Pacto territorial polo emprego” do que nada se sabe e do que nada resultou, por certo do que Llano era Presidente.
O que chama poderosamente a nosa atención son as declaracións do alcalde de Burela botando balóns forá e poñendo o PSOE como salvador da Comarca. Non engane aos veciños, Sr. Llano. O PSOE nunca tivo tanta representación institucional na Mariña, se ben é certo que e máis fácil culpar que facer algo, por exemplo dende a mancomunidade.
Algo tamén terán que facer os concellos, agora que claro, destinando 15.000 € a política de emprego pouco ou nada se fai.
É significativo o rápido que mudan no PSOE de obxectivos, fai máis ou menos un ano o Sr. Llano, daquela candidato, mandaba aos veciños e veciñas de Burela unha carta na que ECESA era tema primordial, este mércores nin se acordou de mencionar esta situación.
Dende CxG aplaudimos o seu interés na conserva, compartimos a súa reivinicación sobre Alcoa e por suposto defendemos o area sanitaria. Pero condenamos públicamente a súa hipocrisía no tema de ECESA, que vén de ser demostrada co seu olvido deste mércores. Esta actividade é primordial para Burela, para a actividade portuaria e para un impulso en I+D. O que pasa é que cando se fai demagoxia un tende a olvidarse.
Por último, aclararar ao Sr. Exconselleiro que un partido socialdemócrata defende o estado do benestar, non modifica a Constitución para rescatar os bancos e pagar o déficit, pero iso a xente xa o sabe.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



