Ribadeo, 17 de xuño de 2016.- En Marea presentou, na tarde do venres na Antiga Oficina de Turismo de Ribadeo, a algúns dos seus membros da lista ás Cortes pola provincia de Lugo. Neste acto reuníronse membros das candidaturas ao Congreso e ao Senado e dialogaron con arredor de vinte veciñas e veciños que se achegaron a escoitar a propostas e conversar sobre a situación política da provincia e do conxunto do estado. O acto, presentado por Natalia Prieto (secretaria de medio rural de Podemos en Galiza) estendeuse máis dunha hora de duración e introduciuse coa problemática das enfermidades invisibilizadas e a cuestión da saúde pública na actualidade. Ela mesma falou no sentido “de preservar e ampliar o espazo plural que estamos construíndo, que pon todo o que temos en común, por riba das diferenzas que poidamos ter entre forzas diferentes. O señorito dos Peares identifícanos coa Complutense de Madrid. Pois non: somos daquí, pisamos esta Terra, e defendemos a este país e á súa xente. E na miña zona, que son do interior, tamén está chegando a marea”. Estaba entre os presentes Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego.
Miguel Anxo Fernán Vello, candidato nº1 ao Congreso, apuntou que: “É fundamental para a economía e a sociedade da Mariña. Están ameazando o benestar e a economía desta bisbarra. Esta alianza fraterna fai súas as reivindicacións do Comité de Empresa. É urxente salvar a comarca”
Participaron tamén do acto Carlos Portomeñe (concelleiro de ACE en Lugo), Modesto Renda (concelleiro de Vilalba Aberta, e candidato ao Senado) , Jose Manuel Pérez Afonso (número 3 ao Congreso) e Iñaki García (concelleiro de Lugonovo no Concello de Lugo):
Carlos Portomeñe dixo ante os presentes que: “hoxe en día prodúcese un arrinconamento da palabra público: a agresión que están levando a cabo marca absolutamente todo o funcionamente das institucións desde o primeiro nivel. É precisamente o público o que hai que recuperar. O público é de todas e todos, e o privado en mans duns poucos que é o berce da corrupción. Necesitamos unha lei de remunicipalización e a derrogación da normativa actual. Neste país dase moita información de Venezuela, e moi pouca de Francia, por exemplo. O gran mérito de organizacións coma En Marea é a construción dunha unidade que acabará sendo maioría parlamentaria. Aquí hai un proxecto xenuinamente galego que é En Marea. Fóra de Galicia é Unidos Podemos a nosa forza fraterna”
Iñaki García: apuntou que “o 26X temos que votar en Marea porque temos o deber de botar a Mariano Rajoy canto antes. Encheremos milleiros de urnas con millóns de votos para conquerir un goberno que represente á maioría social e que coide, tamén, o ecosistema. A realidade do cambio climático, da que ultimanente pouco se fala, require tamén respostas inmediatas dos gobernos: redución do consumo eléctrico e a substitución dos combustibles fósiles pola economía verde. Tamén pola economía circular e a reciclaxe. Opoñémonos ao fracking. Isto é o futuro inexorable, porque o planeta está en risco. Hai que mudar o paradigma. E queremos decidilo todo, tamén aquí”
Modesto Renda, dixo que “a diversidade da xente e das tradicións políticas que representamos fainos sentir a todas e todos partícipes dun proxecto común para este país. Son dos convencidos de que se aceptamos a linguaxe do inimigo, coma mercados, quedámonos na indefinición. Eles teñen nomes e apelidos: Alierta, Fainé, Brufau, González…ese, os mercados, son os que lexislatura tras lexislatura dan ordes renovadas aos monicreques de turno. Nós reunímonos. Eles agóchanse detrás dunha marca, do monopolismo e da incapacidade de facer negocio sen a axuda do estado, que se enriqueceron durante a crise. Son uns impresentables. E unímonos para propoñer unha sociedade alternativa á que eles nos impoñen. Nos non facemos promesas, senón garantías poñéndonos límites a nós mesmas”
José Manuel Pérez Afonso indicou que “o que fai mellores a En Marea é que somos moi diferentes. Na nosa variedade ideolóxica está a riqueza. Temos que ter cousas certas cousas claras, coma que non pode estar o lucro por riba dos dereitos humanos. Ou que a xestión ten que estar feita por profesionais. Estamos aquí porque os que racharon o pacto de convivencia e nos defraudaron, aos que unicamente traballamos e intentamos ser honrados, nos obrigan a estar”



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



