Bruxelas, 28 xuño 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou este martes, no pleno extraordinario do Parlamento Europeo, en contra da resolución conxunta acordada polos grupos do PPE, S&D, ALDE e Verdes/ALE, sobre a decisión do Reino Unido de saír da Unión Europea como consecuencia do referendo celebrado a semana pasada.
Lídia Senra quixo destacar o seu “máis profundo respecto á decisión tomada tanto polo pobo inglés, como polo escocés e irlandés” a semana pasada no referendo e considerou que este pobos amosaron “a través de resultados diferentes segundo as diferentes nacións británicas, un sentimento único que é a vontade dos pobos a seren donos dos seus sentidos”.
A eurodeputada destacou que en Inglaterra, o malestar expresouse especialmente en zonas desindustrializadas onde pervive unha clase traballadora depauperada, optando pola saída da UE. En Escocia e Irlanda, o malestar expresouse a través da vontade de soberanía respecto de Inglaterra. “Nos tres casos, estamos ante pobos que usaron un referendo para dicir alto e claro que están fartos de que lles subtraian a súa soberanía popular para decidiren o seu futuro”. “A canalización de parte dese malestar a través do chauvinismo e a xenofobia é só o síntoma de que a democracia non está a funcionar correctamente”, dixo.
Senra explicou que se este martes votou en contra da resolución que saiu adiante no pleno do Parlamento Europeo foi porque “non sirve só manifestar –como fan os grupos asinantes PPE, S&D, ALDE e Verde/ALE- a necesidade de reformar a Unión Europea”. “Iso sona igual que cando dixeron que había que reformar o capitalismo e a solución foi reformalo en beneficio do propio capitalismo e tomar por exemplo a decisión de que a sociedade asumira en forma de débeda pública os desmans da banca privada”.
Neste sentido, a eurodeputada defendeu que a UE “hai que refundala para construír unha Europa dos pobos, onde o dereito a decidir de cada pobo sexa respectado, e onde os valores da democracia, a paz, a xustiza social, a tolerancia, o progreso, a cooperación, a igualdade, o feminismo, o respecto á nai terra, o dereito ás soberanías nacional, enerxética e alimentaria, etc, sexan a guía para a construción desta nova Europa”.
“Non é boa práctica que a chanceler alemana Ángela Merkel se reúna co seu pequeño clube para seguir impondo as políticas neoliberais máis axeitadas para os seus intereses. Por ese camiño, imos mal”, dixo.
Para a eurodeputada galega, “cómpre actuar xa retirando as políticas de austeridade, eliminando a débeda que hoxe ten totalmente hipotecados aos pobos dos sur, actuando para relocalizar as producións e as industrias, rematando coas imposicións do Euro e recuperando e fortalecendo os servizos públicos básicos como o ensino e a sanidade, así como os servizos socias públicos”.
Neste sentido, desde AGEe urximos a retirada do coñecido como “documento dos cinco Presidentes” –asinado por Jean -Claude Juncker (presidente da Comisión Europea), Donald Tusk (presidente do Consello Europeo), Jeroen Dijsselbloem (presidente do Eurogrupo), Mario Draghi (presidente do Banco Central Europeo) e Martin Schulz (presidente do Parlamento Europeo)- no que propoñen medidas para seguir avanzando nestas políticas de austeridade e asfixia das clases populares da Unión Europea.
“Compre tamén proceder a poñer fin ás negociacións dos tratados como o TTIP, o CETA ou o TISSA porque siguen sendo uns instrumento para traspasar a soberanía dos pobos ás corporacións transnacionais”, dixo Senra.
“Só iniciando un proceso de reflexión e profundo debate sobre medidas deste tipo, seremos capaces de avanzar. A UE é un proxecto fracasado porque non é capaz de dar resposta a ningunha das grandes crises da actualidade, polo que permanecer coa situación actual ou profundizar nas medidas neoliberais so conlevará máis sufrimento aos pobos e un forte avance das dereitas populistas, da extrema dereita, do racismo e da xenofobia, tanto dentro como fóra da Unión Europea. Cómpre recordar a perigosa política racista e xenófoba que hai detrás de acordos como o da UE-Turquía”, zanxou a eurodeputada.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



