As IX Xornadas do peregrino Abrindo Camiño desenvolveranse entre o venres 24, o sábado 25 de xuño e o sábado 2 de xullo en Mondoñedo con fam treep, táboas redondas, encontros e o roteiro Leiras Pulpeiro e a romaría na Fervenza, en Viloalle, na última xornada.
O sábado 25 de xuño tamén se celebrará a Feira Mostra Os Muíños que acollerá o seu primeiro Encontro de Artesáns, demostracións de oficios, obradoiros para nenos e nenas e animación musical.