Foz, 14 de xuño de 2016.- Estes orzamentos representan todo o contrario do que PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL defende:
Contratación pública con igualdade de oportunidades fronte a “dedazo”
Financiación pública fronte a empobrecemento dos veciños
Se incrementan os ingresos, a costa de todos os veciños cunha subida no imposto de bens inmobles (catastro) que suporán 400.000€ que saen dos nosos petos, incluída unha liquidación dos últimos catros anos resultado da revisión catastral. Para que o entendamos todos, o alcalde solicitou que despois da revisión, onde os galiñeiros pagarán como almacéns, nos cobrarán os últimos catro anos, o máximo admitido pola lei, unha “multa” por cortesía do alcalde de Foz. Iso si, repetimos unha e outra vez que o Concello ten na actualidade débeda cero cos bancos.
No capítulo de gastos debemos destacar a partida: “TRABAJOS REALIZADOS POR OTRAS EMPRESAS….” cun total de 115.000€ aproximadamente….partida que avala o tipo de contrato “a dedazo” o que nos ten acostumado o PP, como representante fidedigno desas políticas caciquiles o alcalde de Foz, contratacións privadas sen concurso público que favorecen a unha única empresa. Contratos ilegais como demostran os reparos de intervención a facturas por fraccionamento de contratos. Os propios representantes sindicais dos traballadores o puxeron de manifesto, criticando a xestión de servizos a través de empresas privadas. A pregunta que dende o grupo municipal socialista lle facemos o Sr. Alcalde é: Nestes cinco anos de goberno do Partido Popular, cantas mesas de contratación para obras se fixeron no concello de Foz?
En relación o aumento en 3.000€ no servizo de guía en San Martiño, a proposta de alcaldía, o alcalde alude que son varios os grupos que piden esa suba, a segunda pregunta do grupo municipal socialista é: Srs. Concelleiros/as de FPF e BNG fixeron vostedes esa petición? Ademais o PSOE fixo unha pregunta o secretario do Concello, pola posible incompatibilidade por conflito de intereses na votación dos orzamentos, a contestación foi clara non tiña constancia, esperamos o informe de Secretaría para a toma de decisións.
Desde o partido socialista temos que decir que estes non son uns orzamentos consensuados, nin moito menos. Se recollen propostas dos grupos políticos otorgando a prioridade que o alcalde decide , baseandose nuns críterios que nos descoñecemos. As beiraruas do cemiterio polo visto poden esperar!!!!! Agochando tras desas “farangullas” otorgadas á oposición unha forma de gobernar baseado no “dedazo” que a día de hoxe en Foz todos coñecemos.
Aprobar estes orzamentos é dar por boa a política do PP, a política caciquil do alcalde o máis puro estilo do Partido Popular, baseada en contratos con empresas privadas elixida a dedo.
Por iso que: “Excusatio non petita, accusatio manifesta”, a tradución literal é ‘”escusa no pedida, acusación manifesta”.