Lugo, 14 de xuño de 2016.- Ducias de Alcaldes e máis de 50 traballadores sociais dos Concellos da provincia apoiaron este martes a ordenanza de Teleasistencia elaborada polo Goberno da Deputación. Fixérono na xuntanza de traballo que convocou o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, tras acordar este encontro coa Deputada Provincial do PP, Mari Teijeiro, co obxectivo de “acadar o maior apoio á ordenanza por parte dos profesionais deste sector. Pois son os que mellor coñecen a situación e as necesidades dos demandantes desta prestación social”, subliñou Santos Ramos. Na reunión tamén participou o Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, pois foi o responsable desta prestación no anterior mandato provincial.
A proposta de ordenanza presentada polo Goberno da Deputación (a mesma que levou ao Pleno de maio e deixou en riba da mesa por petición do PP), foi amplamente respaldada polos Rexedores e traballadores sociais, que se congratularon de que o Executivo decidise incrementar en 500 o número de prazas, acadando as 1.555 nos Concellos da provincia; converter aos propios profesionais do sector nos máximos responsables na concesión das mesmas; e introducir, por vez primeira, criterios psicosociais e psicosanitarios, así como novas medidas de colaboración e control.
Tendo en conta isto, fixeron dúas engádegas á ordenanza, que Santos Ramos xa avanzou que o Goberno as incorporará para levar ao vindeiro Pleno Provincial unha proposta “amplamente apoiada e consensuada”.
Estas engádegas consisten en eliminar como posible beneficiarios do servizo de Teleasistencia da Deputación ás persoas que conten con grao de dependencia recoñecido oficialmente, pois estas son as únicas que se poden beneficiar da prestación da Xunta de Galicia. Na proposta do Goberno Provincial xa se establecía como posibles beneficiarios do servizo de Teleasistencia da Deputación a maiores ou persoas que sofren algunha limitación en canto á súa autonomía, pero tamén se incorporaban a aqueles recoñecidos como dependentes que quedárense fóra das axudas da Xunta.
A outra engádega consiste en suprimir directamente o criterio de renda nos criterios de valoración das axudas do servizo de Teleasistencia da Deputación, pois Alcaldes e traballadores sociais estiveron de acordo co Goberno da Deputación en facer primar os novos criterios socio-sanitarios que introduciu á ordenanza.
Proposta do Goberno amplamente apoiada
O Deputado Promoción Económica e Social explicou polo miúdo, xunto a unha técnica de benestar do organismo provincial, as novidades que o Goberno Provincial introduciu na ordenanza de Teleasistencia para incrementar en 500 o número de prazas, ata acadar as 1.555; e mellorar esta prestación, facéndoa máis profesional e humana. Todas elas foron moi ben acollidas por Alcaldes e traballadores sociais. Esta son as seguintes:
– Servizo máis profesional coa implicación directa dos traballadores socias. Serán estes profesionais os responsables de valorar a situación dos demandantes da Teleasistencia, é dicir, os informes sociais, sendo, polo tanto, os que decidan se deben contar con esta axuda. Para elo contarán, ademais, cunha única ficha de valoración, que non existía, denominada Baremo Único Provincial.
– Servizo máis humano coa introdución de novos criterios. Por primeira vez, haberá baremos psicosociais e psicosanitarios. Por exemplo, valorarase o grao de soidade, a capacidade na toma de decisións, a situación familiar, o ámbito ou accesibilidade á vivenda… Mantéñense criterios anteriores como a idade, saúde, grao de discapacidade, etc.
– Máis cooperación cos Concellos e facilidades para os demandantes. Na actualidade, son poucos os traballadores sociais que dispoñen os Concellos, pois trátase de persoal que subvenciona a Xunta de Galicia e que comparten varios municipios. Polo tanto, nin son traballadores propios, nin individuais para cada entidade local. A Deputación pon a disposición dos Concellos o seu propio persoal para, por exemplo, elaborar os informes sociais dos demandantes, é dicir, valorar se deben contar coa Teleasistencia provincial. Ademais, a Deputación facilita aos usuarios solicitar as prazas desta prestación directamente nas súas dependencias. Tamén poden seguir facéndoo nos seus propios Concellos.
– Emerxencias resoltas en 48 horas. A proposta de ordenanza do Goberno fixa que o 2% do total das 1.555 prazas de Teleasistencia da Deputación serán para persoas que urxen desta prestación. Deberán ser declaradas polos traballadores sociais como demandantes de emerxencia. Cumprido isto, contarán con este servizo nun máximo de 48 horas.
– Máis control nas axudas. Os propios traballadores farán periodicamente controis in situ para coñecer o uso que lle dá ao servizo de Teleasistencia por parte dos beneficiados, así como a verdadeira necesidade desta prestación pasado un tempo. Deste xeito, tamén se consegue ter actualizado o número de baixas que poidan producir, coa súa conseguinte motivación, e axilizar a concesión de novas altas ao ter información puntual sobre a súa dispoñibilidade.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



