Ribadeo, 7 de xuño de 2016.- O Sr. Alcalde de Ribadeo veta dúas das tres mocións levadas ó pasado Pleno polo grupo municipal socialista.
Parece que Fernando Suárez non está disposto a permitir a participación cidadá na política municipal. Así o demostra o feito de que o regulamento de participación veciñal no que, ó parecer, traballaba o partido nacionalista nas pasadas lexislaturas non teña visto a luz ata o de agora, corroborado polo feito de que non quixera levar ó Pleno do pasado día 30, a moción presentada polo grupo socialista, na que se incluía unha proposta de regulamento para que a voz dos e das ribadenses tivese espazo real e regulado no Concello.
Asemade, tampouco levou ó Pleno una moción relativa á mais que necesaria reordenación do tráfico na vila. O señor alcalde está contento dabondo con ter posto un par de pasos elevados que protexen a súa casa e mais ós seus do risco e do ruído do tráfico. Mais alá deso, nada lle preocupan os riscos, incomodidades e ruídos que sofren o resto dos veciños e visitantes, nin a falta de aparcamento ou a escasa iluminación das vías incluso en puntos especialmente perigosos.
É o que algúns entenden por gobernar ca comodidade da maioría absoluta. Nada de que preocuparse ata que se acheguen as próximas eleccións. Nada excepto tratar de debilitar a imaxe dos seus contrincantes de cara ás mesmas, modificando as datas dos plenos (que están previstos para o segundo xoves de cada dous meses) de xeito que algún dos concelleiros non poida estar (parecen esquecer que os da dedicación exclusiva son eles e que os demais teñen que traballar para gañarse a vida) ou remitir a amplísima documentación para preparalos con moi pouco tempo de antelación, tratando de impedir así que os concelleiros e concelleiras dos partidos da oposición non poidan preparar ben os Plenos. Tan sobrados van que nin se molestan en debater as propostas do resto dos grupos municipais que, non debemos esquecelo, son tamén, e tan legalmente coma eles, representantes dos veciños e veciñas de Ribadeo.
Sr. Alcalde, Sres. e Sras. Concelleiras do BNG, o movemento demostrase andando, e a vontade de escoitar, escoitando e respectando. Se queren que os veciños e as veciñas de Ribadeo se crean as súas manifestacións, leven ós Plenos todas as mocións dos outros partidos, sen censuras; regulen a participación cidadá, como xa se ten feito en moitos outros concellos de toda España; cambien a data dos Plenos se hai causa que o xustifique, pero co consenso de todos e todas as concelleiras e co compromiso de buscar unha data na que todos e todas poidan estar presentes; acheguen a documentación dos asuntos a tratar con tempo suficiente para que quen ten outras obrigas poida examinala e preparar as súas intervencións.
E traballen, que vai un ano de lexislatura e non temos visto ningunha actuación de calado no noso concello. Non garden os cartiños para os meses anteriores ós seguintes comicios municipais porque, mentres tanto, as rúas e beirarrúas da vila dan noxo. As estradas das aldeas están intransitables por múltiples furados de tamaños sorprendentes. As cunetas emperradas. As pistas de concentración parcelaria desfeitas. Segue sen haber onde aparcar. Están a verterse augas fecais á Ría; etc., etc., etc.
















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



