A Mariña, 17 de xuño de 2016.- A candidata ao congreso polo BNG – Nós Candidatura Galega Olalla Rodil, afirmou en Burela que o sector pesqueiro galego ter voz propia nas Cortes Xerais do Estado para defender os seus intereses e lembrou que nos últimos cinco meses ninguén falou dos pesca mariñá en Madrid. O sector sabe que as políticas executadas polos sucesivos gobernos galego e español son timoratas fronte ás medidas impostas pola comisión europea, empeñada en poñer en dificultades e mesmo facer desaparecer ao sector pesqueiro galego, o mais potente e avanzado de Europa.
Nos últimos cinco meses non houbo iniciativas no Congreso con efectos na flota da comarca
Para Olalla Rodil, non acabamos de ver a ningunha das outras forzas políticas que se presentan e estiveron estes conco meses en Madrid falar do sector pesqueiro en Galiza, “uns non falan disto porque non teñen proposta ningunha; outros, que levan anos gobernando por quendas, porque non teñen nada que dicir preocupados por tapar a falta de contundencia na defensa dun sector básico e fundamental para a economía galega do que viven milleiros de persoas tanto no mar como en terra”. “Botouse en falta a presenza do BNG nas Cortes nos últimos cinco meses, ademais de escasas – so dúas iniciativas – ningunha delas tiña efectos sobre o sector desta comarca, polo que sobra explicar a necesidade da presenza do BNG en Madrid para que o sector pesqueiro teña un canle política para trasladar os seus problemas ás Cortes Xerais do Estado.
A expatriación de barcos de capital galego e tripulacións fora para poder pescar evidencia a necesidade de que Galiza teña peso político e voz para defender os seus intereses
A cabeza de lista por Lugo do BNG – Nós Candidatura Galega visitou Burela para manter un encontro co sector pesqueiro mariñao. Olalla Rodil interesouse polos barcos de capital galego e as súas tripulacións afectadas pola obriga de cotizar na seguridade francesa. Neste sentido manifestou que os problemas existentes coa seguridade social de mariñeiros debera ter unha solución urxente, pero tamén afirmou que cando se expatrían traballadores e barcos a Francia e outros estados por falta de cotas aquí, faise evidente a ausencia de presión política da Xunta e a incapacidade do goberno do Estado para evitar o desmantelamento da frota galega e protexer as condicións sociais das tripulacións.
Olalla Rodil xunto coa candidata mariñá ao congreso, Montse Porteiro, e unha delegación da executiva comarcal do BNG, escoitou na sede da Federación de Confrarías ao sector, e trasladoulles as propostas programáticas do BNG – Nós. Segundo a cabeza de lista ao congreso “non podemos permitir que un sector produtivo como a pesca, moderno e especializado, no que Galiza é punteira e moi dependente, paralice o seu desenvolvemento pola falta de contundencia na súa defensa dos gobernos galego e español fronte ás políticas do xendarme europeo e a súa maquinaria para despezar barcos”, explicou Rodil.
A principal oferta do BNG nestas eleccións é traballar como o fixeron os e as representantes que nos precederon, ese é o noso principal aval
A alternativa que defende BNG – NÓS pasa por “negociar con contundencia diante da UE cuestións como a Política Pesqueira Común que lembrou, o nacionalismo galego xa rexeitou a través da europarlamentaria Ana Miranda”. Non pode ser, afirmaron “que as posicións timoratas dos gobernos populares de Santiago e Madrid condenen á nosa flota a dar por válidas medidas como os descartes ou a nova lei galega de acuicultura, elaboradas desde os despachos, sen ter en conta os efectos negativos sobre o emprego e a subsistencia do sector”.
BNG – Nós preséntase para defender inequivocamente os intereses das galegas e galegos, os nosos sectores produtivos e o dereito a vivir e traballar na propia terra; “a pesca é un sector estratéxico para A Mariña e Galiza polo que o BNG – NÓS será correa de transmisión en Madrid como o ven sendo o nacionalismo galego a través do BNG desde fai 20 anos”, afirmou Montse Porteiro, número tres da candidatura ao Congreso.

















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



