Burela, 10 de xuño de 2016.- O Concello abre o prazo de inscrición na Ocioteca de Verán 2016, denominada Verán Activo Gaia, o vindeiro luns, 13 de xuño.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Medio Ambiente e o prazo para anotarse remata o 15 de xuño. A inscrición pode facerse en horario de 9:30 a 15:00 horas no propio Concello. Poden participar na Ocioteca todos os nenos e nenas empadroados en Burela e nados entre 2004 e 2013.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, explicou que “con esta medida preténdese axudar ás familias a conciliar a vida familiar e laboral durante os meses de verán”. E engadiu que “as actividades teñen un amplo horario dende as 9:00 ata as 13:30 horas, para que os fillos das persoas que traballan poidan gozar dun montón de actividades coas que divertirse”.
A edil socialista detallou que “se farán manualidades, xogos na praia, excursións, talleres de cociña ou zumba”. As actividades na Ocioteca Verán Activo Gaia comezarán o 1 de xullo e rematarán o 31 de agosto.