Atendendo unha invitación dos sendeiristas de Pena Furada de Navia este sábado 17 de xuño sendeiristas de Pasada das Cabras participaban na XXIX edición da Travesía Costa Naviega na que se deron cita preto de 1.500 camiñantes. Despois do saúdo do presidente, do fundador de Pena Furada e tamén do Alcalde de Navia e o corteda cinta no prado de Bao, dábase a saída cun chupinazo para percorrer os 20 km. que separan este emblemático espazo natural e a dársena do peirao de Navia, lugar de chegada. A ruta aparece no libro Guiness do ano 1991 por superar os 5000 participantes. Durante a mesma pódense apreciar as distintas praias de Navia como son: a do Mouro, a de Coedo, a de Frexulfe e a de Barayo, así coma o pobo exemplar de Asturias: Porto de Veiga. Evidenciando un gran esforzo de organización, repartiron durante a ruta chocolate, sangría e unha comida a base de bolo preñado e distintas sobremesas a todos os participantes. Desde Pasada das Cabras “agradecemos o trato recibido e felicitamos aos compañeiros de Navia pola excelente organización”.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



