Para Terry Swearingen “Vivimos na terra como si tivéramos outra á que ir”.
A contaminación ambiental en Viveiro é un feito, clama se o comparamos co estado de vilas límitrofes. Abusouse de roubarlle ó mar e de verter a él todo tipo de desfeitos. E estamos pagando as consecuencias.
O medio ambiente é a nosa casa quen nos envolve e abriga quen nos da a vida.
Un estuario morto donde non se pode facer coleita de mariscos e bivalvos, a proba é a prohibición das autoridades competentes. Roímos a man dun sitio productivo que daba de comer, agora é un barrizal inerte. Modificáronse as correntes do río e na marxe a inexintencia de árbores autóctonas fai que proliferen especies e algas invasoras.
Medran os depósitos de vertedoiros incontrolados cóntanse ata 20, en espacios coma o de Red Natura ( A Ínsua), na parte exterior do Porto de Celeiro (A Atalaia), nas ribeiras do río Landro (Ameixoa) e suma e segue. Calas coma San Xoán Vello ou Rol que serven de contenedores. Na propia Ría, ó noso pé, atopamos: botes putrefactos, escombros, gomas neumáticas, plásticos ou electrodometicos para amueblar ducias de cociñas.
Por riba disto o Concello de Viveiro e outras administración cruzan as mans e non dan conductan exemplarizante, tense a Praia de Covas que da noxo vela, chea de residuos que amontonan no medios dos xuncos, un vertedoiro oficial. Ás veces nin alertan os organismos pertinentes, nin poñen recursos para parar a catástrofe. Tuberías submarinas das que se descoñece o seu estado. Nulo gasto no sistema de alcantarillado de algunhas parroquias. Mal cometido en mantemento das praias, da costa, dos espacios verdes…
A proba do pouco compromiso é que se presupostan uns ridículos 4.800€ en limpeza de praias pero as facturas en decoracións navideñas xa van polos 62.153€ e suben coma a espuma. Viveiro sae á rúa perfumada con Channel Nº 5 pero non se ducha, igual ten cortada a Auga por impago pero segue de compras. E agora chega o verán e a cigarra quere ir lucir o tipo ós areais. Pero está castigada, repite curso e non quere facer os deberes para aprobar en Setembro.
A ría supura lixo. Os berces do río, están cochos. Hay que frenar que se siga emporcando ¿Acaso tan imposible é solventar a situación? Promover campañas de concienciación, programas e batidas de voluntariado, protección de zonas, poñer en valor unha natureza sostible, multas, e predicar con accións. O problema de estética, higiene e saúde, estase a converter nun problema de promoción turística, ecoloxía, economía, unha bofetada a nai natura. Gran frase esa da científa ambiental estadounidense, Donella Meadows “Pode que sexas capaz de enganar ós votantes, pero non á atmósfera”.
Antonio Lage-Seara