A Mariña, 02 de xullo de 2016.- O deputado autonómico e coordinador dos populares da Mariña, Jose Manuel Balseiro, formará parte do Comité de Campaña do Partido Popular de Galicia de cara as vindeiras eleccións xerais.
O tamén secretario do Parlamento galego asumirá esta responsabilidade logo de ser designado para este fin polo último Comité de Dirección dos populares galegos e formará parte dun equipo que lidera o novo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.
Balseiro ten unha ampla experiencia no deseño e coordinación de campañas electorais en todos os ámbitos: autonómico, provincial e local e nas pasadas eleccións xerais, con especial intensidade, na Mariña lucense.
O deputado tamén forma parte do Comité Redactor do Programa Electoral co que os populares galegos aspiran a acadar a terceira maioría absoluta e revalidar a presidencia de Alberto Núñez Feijóo na Xunta.
Balseiro agradeceu a confianza depositada desde as direccións autonómica e provincial e comprometeuse a esforzarse por cumprir o reto de impulsar unha campaña “de contacto directo e de proximidade”, semellante á desenvolvida nestas xerais, “que non canse a cidadanía senón que a ofreza solucións e propostas en positivo”.