Máis de 50 arqueiros de toda a xeografía galega e asturiana déronse cita o sábado no Campo Municipal de “O Arbol” para dar vida ao VI Trofeo Castelarco organizado polo club local de O Valadouro.
Coa colaboración da Deputación de Lugo e a Secretaria Xeral para o Deporte e o Patrocinio do Concello do Valadouro e Mármoles Reigosa, ás 15.30 horas empezaba a competición baixo un sol radiante e algunja ráfaga de vento.
Entre os mellores conseguiron colocarse representantes de Castelarco, IADOVI, Arco Muralla, Arqueiros Celta, Club Serra Gondomar, Arco Ferrol, Arco Guitiriz, Club Xitia e Club Sílex.