O Presidente manifesta a satisfacción pola distinción, “que é un recoñecemento ao traballo serio, rigoroso e comprometido que se está desenvolvendo. Este é un estímulo para seguir apostando polo galego como lingua útil e digna en todos os ámbitos”
Lugo, 23 de maio de 2025. A Deputación de Lugo vén de ser distinguida co Premio Lois Peña Novo 2025, un recoñecemento que pon en valor o labor realizado pola Asesoría Xurídica provincial no uso continuado e rigoroso da lingua galega nas tarefas administrativas e legais que desenvolve, tanto de maneira oral como escrita. O xurado, que acaba de dar a coñecer o fallo, salientou que se trata “dunha iniciativa insólita e valente que está a impulsar unha galeguización integral na práctica xurídica dunha institución pública, unha aposta decidida pola lingua propia que se está a converter nun referente para outras administracións públicas, colexios profesionais e asociacións de letrados”.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, manifesta a súa satisfacción por esta nova, pois este premio “é unha honra e tamén unha responsabilidade. É un recoñecemento ao traballo serio, rigoroso e comprometido que se leva a cabo desde a nosa Asesoría Xurídica. Pero sobre todo, é un estímulo para seguir apostando polo galego como lingua útil, precisa e digna en todos os ámbitos”. “Na Deputación de Lugo temos claro que unha lingua que se usa na administración, na xustiza e nos espazos formais é unha lingua con futuro. Por iso, este galardón anímanos a seguir traballando con orgullo e con convicción como viñemos facendo ata agora, polo que seguiremos empregando o galego nos procedementos xudiciais da institución e na representación xurídica dos concellos da provincia”.
O xurado destacou tamén o carácter innovador e abandeirado desta aposta, que “racha coa tradición desgaleguizadora do ámbito xurídico, abrindo camiños para outras administracións e acreditando a súa capacidade para artellar un exercicio xurídico rigoroso, moderno e plenamente normalizado”, Consideran os membros do xurado esta experiencia un “exemplo claro de como a vontade e o compromiso poden provocar unha mudanza estrutural nun dos sectores máis resistentes á galeguización”.
Este compromiso coa normalización lingüística non é novo para a Deputación de Lugo neste ámbito. Xa no ano 2022, no acto conmemorativo do 37 aniversario da primeira sentenza en galego, a institución provincial participou activamente na homenaxe ao maxistrado que ditou aquela resolución pioneira, e promoveu a colocación dunha pedra conmemorativa no Xulgado de Lugo. Aquel acto simbolizou o camiño aberto en 1985 e a necesidade de continuar avanzando cara a unha xustiza plenamente galega.
A concesión deste premio vén reafirmar que ese camiño iniciado hai décadas é hoxe unha realidade recoñecida. Dende a Asesoría Xurídica da Deputación apóstase polo galego como lingua prioritaria nos informes, ditames e resolucións, demostrando que é plenamente útil e válida para a comunicación legal e institucional.
O Premio
Os Premios Lois Peña Novo, que leva o nome dun histórico defensor da identidade e do dereito galego, entrega cada ano galardóns a persoas e entidades que contribúen á normalización da lingua galega no ámbito público. A súa concesión á Deputación de Lugo constitúe un recoñecemento á aposta firme dunha administración comprometida coa igualdade lingüística e coa dignificación do galego en espazos onde historicamente estivo ausente.
A Deputación tamén felicita á xornalista Esther Estévez Casado, presentadora do espazo “Dígocho eu” na TVG, e ao historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, quen tamén foron distinguidos con este galardón nesta edición.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



