Ribadeo, 23 de maio, 2025. O BNG de Ribadeo presentou dúas mocións no pleno celebrado este martes 20 de maio. A primeira delas propoñía pedir ao bispado de Mondoñedo-Ferrol o arranxo da capela da Atalaia, e a segunda defendía a necesidade de abordar unha campaña de concienciación para a limpeza dos excrementos animais na zona urbana. As dúas foron aprobadas por unanimidade. Somos oposición, pero temos capacidade propositiva.
No anterior mandato “abordamos conversas co bispado de Mondoñedo-Ferrol nas que mostramos a necesidade de abordar actuacións, por parte da Igrexa, a respecto da situación de varios dos seus bens en Ribadeo; e foron atendidas. O mantemento do noso patrimonio require dunha actuación continuada no tempo que precisa de novas intervencións. Felicitámonos porque o goberno municipal escoitase as nosas preocupacións sobre este tema. Agardamos que siga a senda do camiño xa comezado en etapas anteriores”, explican.
“Tamén temos desenvolvido varias campañas de concienciación para a limpeza dos excrementos de animais na zona urbana. “Son un can. Non me fagas pasar por un porco“, “Lembra: can, correa, bolsa”, ou “O can é teu; as rúa e parques, de todos” (campaña na que se repartiron en varias ocasións botes de produto desinfectante para limpar os ouriños dos animais de compañía), son exemplos do traballo feito ao longo dos anteriores mandatos. Todas estas campañas son un claro exemplo da necesaria concienciación das nosas obrigas como cidadáns e cidadás: manter limpas as nosas rúas. Pero estas campañas deben ser mantidas no tempo. Non hai escusas mirando cara a atrás. De todos os xeitos, tamén nos alegra que o goberno municipal do PP escoite as nosas preocupacións ao respecto. Agora, que o leve á práctica”, engaden.
“Por outra banda, os nosos rogos e preguntas tamén foron tidos en conta. Despois de escoitar aos veciños e veciñas de Remourelle, solicitamos o arranxo da pista que sobe dos Fornos ás Lagoas. Pablo Vizoso defendeu a necesidade de arranxala. E ademais, toda a corporación concluíu que se debería amañar un dos muros de contención da Atalaia no que se está abrindo unha greta. Martín Graña propuxo que se tomasen medidas ao respecto”, conclúen.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



