Ribadeo, 23 de maio de 2025. Ribadeo acollerá do 23 ao 28 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado no Salón dos Alcaldes. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o alcalde, Dani Vega, o responsable de Negocio Deportivo do equipo asturiano, Daniel Acebal e o CEO de The Football Dream, organizador do Campus Mareo Itinerante, Alberto Carmona.
O edil de Deportes tivo palabras de agradecemento para o club asturiano: “quiero darle las gracias desde el Concello de Ribadeo al Sporting por enseñar los valores y ese gran talento de una de las mejores canteras del fútbol español, como dice su historia, a nuestros jugadores, como hacen con los suyos. Os damos las gracias por hacer tan bien vuestro trabajo, por entender que el deporte es clave y por escoger a Ribadeo como epicentro del deporte y entender que somos ese punto de encuentro entre Galicia y Asturias”.
Silvent animou ás nenas e nenos a participar neste campus “por lo que va a suponer para todos ellos vivir esta experiencia con un gran club como es el Sporting de Gijón”.
Todos apostaron pola continuidade desta cita. O Campus Mareo Itinerante está destinado a rapazas e rapaces de 8 a 18 anos. A inscrición para participar está aberta. Pode realizarse a través do seguinte web: www.campusdefutbolmareo.com As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte correo electrónico: inscripciones@thefootballdream.com ou chamando ao teléfono 684 66 65 77.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


