Levarán unha iniciativa ao Pleno da Deputación de Lugo que se celebra o martes, porque “non estamos ante unha estatística, senón ante milleiros de persoas que non reciben a atención que precisan”, denuncia a Voceira do PSdeG na Deputación, Pilar García Porto
Lugo, 24 de Maio de 2025. O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro pleno da Deputación de Lugo o martes 27 de maio, unha moción para reclamar á Xunta de Galicia medidas urxentes e eficaces para garantir unha atención pública digna no ámbito da saúde mental, un dos puntos máis fráxiles do sistema sanitario galego.
A Voceira socialista do PSdeG na Deputación, Pilar García Porto, lembra que o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse no seu discurso de investidura a reforzar os recursos en saúde mental, dotando de psicólogos aos centros de atención primaria e traballando para reducir o consumo de psicofármacos. Porén, aseguran que “a realidade dista moito da promesa”, e denuncian que o panorama actual está marcado pola saturación, as longas listas de espera e a falta de medios.
Segundo datos oficiais do Sergas, a finais de 2024 había en Galicia 9.390 persoas agardando por unha primeira consulta en saúde mental, cunha media de 87 días, fronte aos 43 días que se rexistraban antes da pandemia. Ademais, o consumo de antidepresivos e ansiolíticos aumentou un 52% entre menores de 19 anos.
Na provincia de Lugo, a situación é especialmente alarmante: máis de 1.000 persoas levan máis de seis meses agardando por unha cita cun especialista, o que supón dous terzos de todos os casos de longa espera en Galicia. A pesar da elevada taxa de suicidio (16 casos por cada 100.000 habitantes), a provincia só conta con tres centros de atención á saúde mental: en Lugo, Monforte e Burela.
A moción tamén recolle os datos do último informe do Consello de Contas, que alerta da falta de persoal e do baixo grao de desenvolvemento do Plan de Saúde Mental 2020–2024. “Nese período, a Xunta só incorporou 6 psiquiatras e 4 psicólogos para toda a provincia. Unha cifra ridícula se temos en conta o impacto da pandemia, o envellecemento da poboación ou os problemas crecentes da mocidade”, denunciou García Porto.
A través desta moción, o PSdeG-PSOE de Lugo insta á Xunta a cumprir os investimentos comprometidos no Plan de Saúde Mental, contratar máis profesionais para reforzar os centros e reducir as listas de espera e crear unha liña de atención rápida para os casos graves, especialmente os de risco de suicidio. Ademais, exixe que se analice o informe do Consello de Contas e se adopten medidas urxentes baseadas nas recomendacións dos profesionais sanitarios.
“Estamos ante unha emerxencia silenciosa que afecta a milleiros de galegas e galegos, e que non pode seguir agardando. Non vale con promesas. Necesitamos políticas públicas que garantan atención psicolóxica e psiquiátrica en tempo e forma”, concluíu García Porto.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



