A sala de exposición do Espazo Caritel acolle novas obras de Caxigueiro. Trátase de novas fotografías que unicamente estiveron expostas hai uns meses na “Casa da Parra” (Compostela) e dunha escultura que fai alusión a Salman Rushdie (1999) e que nunca foi amosada. Os interesados tamén poden descubrir as novas achegas presentes no xardín, entre outras, dúas estrañas variedades de magnolia de folla caediza (de cores negra e marela), novas hortensias, así coma outras plantas procedentes de distintas partes do mundo.
