Lugo 5-8-16. A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, recibiu este venres na sala de exposicións do Pazo de San Marcos aos 14 artistas participantes na 5ª edición do Estudio Aberto procedentes de todo o mundo. Na recepción dos artistas tamén participaron as coordinadoras do proxecto, Encarna Lago e Paula Cabaleiro.
Durante unha semana cada un dos artistas compartirá as súas obras, tanto no Pazo de San Marcos como no Pazo de Tor, cos visitantes que poderán preguntar aos artistas calquera dubida relacionada coas súas obras. Con esta recepción arrancan os actos programados para conmemorar o X Aniversario da Rede Museística Provincial de Lugo.
García Porto sinalou que “a Deputación amplía o seu compromiso coa creación artística e coa artesanía contemporáneas, ofrecendo espazos expositivos a artistas de diferentes disciplinas -pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación-, ademais de artesáns e deseñadores -xoiería, alfarería, moda, cerámica, madeira, forxa”.
Dado o interese que espertou na última edición as coleccións dos museos da Rede como punto de partida, nesta 5ª convocatoria os creadores volverán a inspirarse nunha experiencia individual en contacto cos diferentes museos e as súas coleccións, para despois desenvolver un proxecto artístico persoal.
Conceptos como museo, espazo, historia, contexto, colección e persoas, entrarán novamente en xogo xunto as accións de crear, compartir e participar, facendo son un Son total de 8 proxectos inéditos que estarán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos e outros 6, no Museo Pazo de Tor. Ademais, os artistas recibirán a visita de profesionais do sector (críticos, comisarios, xornalistas, museólogos, galeristas, artistas) que darán unha pequena charla e compartirán consellos, opinións e análises acerca dos proxectos en pleno proceso de creación.
Artistas participantes
O pasado 13 de xullo reuníronse no Museo Pazo de Tor os membros do xurado da convocatoria (Eduardo Valiña, Elena Fabeiro, Lola Dopico, Luisa Pita, Antón Sobral e Asunta Rodríguez) de #EstudioAberto5 e, despois das deliberacións oportunas, acordaron por maioría seleccionar aos seguintes artistas para participar da residencia:
PAZO DE SAN MARCOS:
1.-Víctor Royás
2.-David Fidalgo
3.-Luciana Rago
4.-José Antonio Vallejo
5.-Tamara Wassaf
6.-Lemuel Quiroga
7.-José Manuel Vidal
8.-Mar Ramón
MUSEO PAZO DE TOR:
1.-Christian Villamide
2.-Neves Seara
3.-Xosé Reigosa
4.-Roi Domínguez
5.-Bibi Martín
6.-Ruth Miguel Díaz
Programación
Venres 5 de agosto
16:00 horas: Presentación oficial conxunta no Pazo San Marcos das residencias artísticas, na que participarán a Deputada de Cultura,, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, ademais de coordinadoras de Estudio Aberto.
16:00 a 20:00 horas: Foros de presentación das 2 residencias #Coñece. Presentación dos traballos de cada artista na Sala de Exposicións do Pazo San Marcos. Entrada Libre para o público.
Sábado 6 de agosto
09: 00 horas: Viaxe polos museos da Rede Provincial. Os artistas seleccionados viaxan aos museos da rede para coñecer as coleccións e os espazos que serán o punto de partida para as súas obras.
Martes 9 de agosto e mércores 10 de agosto:
19.00 horas: Charlas con… #Aprende
Os artistas e artesáns reciben a visita de profesionais do sector, que lles imparten unha charla aberta ao público no Pazo San Marcos e no Museo Pazo de Tor.
Xoves 11 de agosto:
Fin da residencia e montaxe da exposición
Venres 12 de agosto:
Inauguración
13.00 horas: Sala de Exposicións do Pazo San Marcos de Lugo
18.30 horas: Museo Pazo de Tor.
Haberá servizo gratuíto de bus ás 16:00 horas previa anotación en xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com. Máis información nos teléfonos 982242112/699836883 e nas páxinas web www.redemuseisticalugo.org / difusion@museolugo.org.