Os organizadores da Ponte Literaria queren mostrar a súa satisfacción polo resultado do encontro celebrado o xoves 11 de agosto (terceiro deste verán), onde observaron que participaron, por vez primeira, autores de fóra do Valadouro.
Así, coinciden en que “constituirá un punto de inflexión cara ao asentamento dun futuro proxecto colectivo no eido literario”.
O acto tivo que se trasladar á Casa da Cultura de Alfoz por culpa dos refachos de Nordés que afectaron á comarca durante esa tarde; e alí, no salón de actos, os escritores presentes procederon á lectura dos seus textos coa seguinte orde:
Fran Bouso
Iolanda Aldrei
Isaac Ferreira
Lionel Rexes
Manuel Lourenzo
Paco Rivas
Vera Reges
Xesús Pisón
Ramón Reimunde
Tras as lecturas tivo lugar un coloquio no que foron xurdindo as seguintes temáticas:
-A literatura oral (improvisadores, regueifas, repentistas…) e a súa vixencia actual na música rap.
-As antigas sagas de creadores de coplas populares no Valadouro.
-A intención de fomentar a presenza de autores de ensaios nas futuras Pontes Literarias.
-A función dos círculos poéticos e as sociedades literarias na popularización (intervencións poéticas na rúa, etc.) da literatura -Iolanda Aldrei describiu as actividades do grupo poético co que colabora, “A porta verde do sétimo andar”-.
-Falouse da importancia do libro Contos do Valadouro na divulgación e asentamento da identidade cultural local.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



