O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
Na parroquia de Vilaronte fai mais ou menos 8 anos, a Diputación provincial de Lugo, decidiu facer a construción das beirarrúas na estrada da súa titularidade ( LU-P-2002), obra que fora demandada polos veciños e que encheu de ledicia a estes, xa que os veciños poden pasear con máis seguridade e tranquilidade.
Novamente nos últimos tempos os representantes dos veciños puxéronse en contacto con nós para pedirnos que fixéramos as xestións oportunas para solicitar que esas beirarrúas se continúen hasta a zoa da Espiñeira.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar á Deputación Provincial de Lugo proceda incluír nos presupostos do ano 2017,unha partida presupostaría suficiente para a execución do tramo de beirarrúas que falta ata a zona da Espiñeira na estrada da súa titularidade (LU-P- 2002), na parroquia de Vilaronte.