Os pasados 16 e 17 de setembro celebrábase en Alfoz e no Valadouro o I Certame Músico Vocal Arcadio Mon.
O acto dividíase entre os dous concellos que foron o berce do coñecido músico Arcadio Mon onde as actividades repartíronse entre un concurso para novos talentos musicais e un concerto de músicos consagrados amigos e compañeiros de Arcadio Mon.
No concurso participaron 7 novos talentos, procedentes de Alfoz, Mondoñedo, Foz e Lourenzá. O terceiro premio foi para Alejandro Cao, de San Acisclo, Foz; o segundo premio foi para Alejandro Barreira, de Mondoñedo; e o gañador do certame foi Xabi Doural, de Foz, antigo alumno de Arcadio Mon. Respecto ó concerto, tocaron cinco músicos: Lino Rico, Juan Carlos García, Felipe Sánchez, Chis e Antonio Mandiá, e cantaron ata nove contantes: Tito Calviño, Enzo Fernando, Toni Cazás, Chingla, Sito Sedes, Alfonso Maseda, Moncho Ferro, Ángel Lorrey e o propio Chis.
O venres 16 xa actuara, a carón do Castelo do Castrodouro, a Banda de Foz dirixida por Abel Riveira Pena.
O acto estivo patrocinado polos concellos de Alfoz e O Valadouro e pola Deputación Provincial de Lugo.