O concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, comunica que, unha vez clausurado o período estival das piscinas municipais, o Goberno local do Concello de Mondoñedo agradece o bo traballo feito polo equipo de socorristas e persoal de mantemento por posibilitar que todo transcorrese con total normalidade. Tamén fai extensible este agradecemento aos usuarios das piscinas por confiar outro ano máis neste servizo municipal. Seguiremos traballando para mellorar o ano que vén.
