O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE desprazase o vindeiro domingo 18 á Ribeira Sacra para facer a Ruta Ribeira Sacra do Miño, de 16 quilómetros e dificultade media, con saída en Cima de Atán (Concello de Pantón) e chegada a A Cova (Concello de O Saviñao). Arredor de catro horas e media para camiñar polo medio dos viñedos en plena vendimia onde tamén se pode atopar Arte Sacro do Románico, castros, pequenas aldeas, fervenzas, adegas, bancais, etc. O prezo é de 12 euros para os socios federados, 14 para os non federados, 15 para os non socios federados e 17 para non socios non federados. A saída está prevista para as 07.30 horas dende Xove e o xantar realizarase por conta propia na Área Recreativa da Maiorga. Tamén se aproveitará a viaxe para visitar Ferreira de Pantón. Os interesados e interesadas poden informarse e inscribirse na Piscina Municipal de Xove, a través do móbil 618 97 61 59 ou do e-mail: senderismoxove@gmail.com.
