Nunha nova volta de tuerca, a miserable política galega regálanos grandes momentos de esplendor e rigor. O penúltimo capítulo vai ter como detonante,¡outra vez!, a cuestión lingüística. Non me deterei nos pormenores, polo menos hoxe, hai días nos que non apetece entrar en segundo que cuestións, non porque sexa máis ou menos necesario, senón por pura preguiza ante o tediosas que resultan a estas alturas estas cousas.
O asunto e que un, que ten un ramalazo masoca na intimidade, ocurreuselle escoltar o tedioso debate dos lideres galegos que buscan como chegar a poltrona do parlamento enxebre e si cadra, de paso sentarse noutra silla, ben de presidente da Xunta ou de conselleiro-a , pois ben, chamoume a atención que a candidata de Cidadans, non falou nin unha verba no idioma oficial desta terra, si o de Rosalia e casi tres millons de galegos mais.
Craro que esto non e novo, tivemos un vicepresidente da Xunta que non falou nin unha palabra en Galego, nin no parlamento de San Caetano, nin en ningun outro lugar. Recordano?, si home, despois foise para Madrid e disque triunfou e todo, daquela sacaranlle o chiste de que decia “Soy Rajoy, voi a Raxoi, pues tengo una junta enn la Xunta”.
Resulta que un dia de estes un dos habituales sabios e xentes de mal vivir que pululan por as aceiras espetoume, literalmente, que “tes o problema de que ás veces dis o que pensas”. Ou sexa, que dicir o que se pensa agora é un problema, outra cousa é como se diga e si o que se pensa é razoable ou non, pero iso é outro asunto. E dicir o que non se pensa debe ser algo así como a virtude, política, si nos centrámos nese ámbito. Eu diría que é enganar. E que lles convén, a uns e a outros, falar claro e esconderse menos nas súas medias tintas e lugares comúns. Non sexa que acaben crendo que teñen que esconder as súas ideas. Ou é que eles se avergoñan no fondo do que pensan e non o din por pudor,ou peor, que por que sexa inconfesable. Non o creo, porque ao longo dos anos os politicos desta terra do carallo deron bos acenos de non ter vergoña algunha. Así que a alternativa é que pretenden enganarnos.
Ao final, como adoita ocorrer con esta xente, témome que se trata non de que se diga o que se pensa ,non tiña iso algo que ver coa democracia esa de a que tanto se fala, senón de que non se pense como se supón que se debe pensar ,que é como eles queren que se pense, que é como eles pensan. O guión está marcado por eles, e hai que amoldarse. E si pénsase distinto, polo menos non mostralo en público, que discrepar queda moi mal e dá mala imaxe. E iso si que non. Neste senso contarome fai tempo o comentario de un obismo de Mondoñedo que dixera falando de este humilde xuntaletras “Lo malo de Regal es que piense como piensa lo malo es que encima lo escribe.
Otero Regal.