A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, felicita “en nome do Concello de Viveiro a Laura García Martínez, Lauriska, tras superar a fase de “Audiciones a ciegas” do programa La Voz, de Telecinco, logrando que todos os coachs se deran a volta e conseguindo, deste xeito, ser unha das concursantes da presente edición”.
“Quero, así mesmo, transmitirlle a miña máis sinceira noraboa pola gran interpretación que onte fixo do tema Grenade, de Bruno Mars, e desexarlle os mellores resultados tanto neste concurso coma na súa traxectoria profesional, vinculada á música dende hai moitos anos; para todos nós é un orgullo que o talento desta antiga alumna do Conservatorio Profesional de Música, que tamén participou no Festival do Landro, sexa recoñecido. Lauriska, moitas felicidades e moita sorte”.