O Caderno Número 6 editado polo Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) era presentado este venres 7 de outubro no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro. O caderno titulado “Introdución á apicultura” está escrito por Gonzalo Calvo Díaz, Veterinario da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e contén as nocións básicas sobre as abellas e o seu coidado.
É o primeiro caderno que edita o SEVA na área de Natureza, pois os cinco anteriores eran de Arte (2) e de Sociedade (3). No acto interviron Eduardo Chao, Concelleiro de Cultura do Valadouro; Pepe Peinó, Presidente do SEVA, e o propio autor, Gonzalo Calvo. Durante o acto o gaiteiro Alejandro Cao, do grupo “Amado Lar” e 3º Clasificado no pasado Concurso Músico Vocal “Arcadio Mon” interpretou tres pezas con gaita.
Por outra banda, ao día seguinte da presentación o SEVA participou tamén na Feira do Mel de Ferreira poñendo un stand onde os visitantes puideron adquirir os diversos cadernos editados. Diante do stand do SEVA déronse varios discursos relacionados coas abellas e co Caderno 6 editado polo SEVA.
Falaron o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao; o Presidente do SEVA, Pepe Peinó, e dous apicultores: Noé Fernández, membro da recentemente constituída asociación apícola coñecida como “Amigos das abellas do Val”, e Antonio Valea, membro da tamén asociación apícola “Os Abelleiros” de Ribadeo.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



