Derrota do Pescados Rubén Burela na cancha do Pescamar Poio (2-0) logrando así as pontevedresas a súa primeira vitoria ligueira ante a escuadra mariñá.
O derbi galego comezou con precaucións en ambos conxuntos que non querían cometer erros nos compases iniciais. Co paso dos minutos o Pescamar Poio foi tomando a iniciativa do xogo e avisando cun par de disparos afastados de Ceci que Jozi resolveu con seguridade. O Pescados Rubén contiña o impulso local e gozou dunha boa ocasión á contra pero Betim precipitouse na definición. Superado o ecuador do primeiro periodo as mariñás lograron superar o dominio do Poio e o choque entrou nunha fase máis equilibrada. O ritmo de xogo era alto pero con demasiadas imprecisións nas dúas escuadras que non conseguían conectar o último pase para xerar ocasións. Un disparo afastado de Dany foi o máis destacado en ataque nestes compases pero Silvia despexou sen complicacións.
Nos cinco minutos finais o Pescamar Poio retomou a iniciativa e xerou moito perigo a un Pescados Rubén que tivo en Jozi o seu mellor baluarte para manter o empate inicial. Ale de Paz por partida dobre e Jenny retaron á brasileira que gañou a partida. Ante o dominio local, Iván Cao apostou polo xogo de cinco e tras unha perda Charo adiantou ao Poio, minuto 17, marcando desde propia pista a pesar do intento de Bea Mateos de salvar o tanto. Tralo 1-0 as burelistas mantiveron o xogo de cinco e gozaron dun par de ocasións para o empate aínda que a máis clara tívoa Dany nun man a man con Silvia que evitou a igualada. Ao descanso chegouse co 1-0.
Na segunda parte o Pescados Rubén Burela saltou á pista con maior determinación ofensiva e neste periodo o protagonismo na portería foi para Silvia que contivo as embestidas burelistas protagonizadas por Cilene, Betim e Dany. O acoso mariñao non lograba réditos e, de novo, apostou polo xogo de cinco no minuto 25 para acurralar máis ás pontevedresas. Non xurdiu o efecto esperado xa que o Pescamar soubo contelo cunha boa defensa e con Silvia desbaratando os disparos afastados das mariñás e co 1-0 entrouse no tramo final do choque. No minuto 36 o Poio ampliou a súa vantaxe. Silvia desde o seu portería envía un balón longo que Jozi non consegue despexar e Jessi aproveita o balón solto para marcar o 2-0. Ata o final o Pescados Rubén intentou con xogo de cinco recortar distancias pero sen éxito algún polo que o Pescamar Poio logrou vencer por 2-0 o derbi galego.
Ficha técnica
Pescamar Poio: Silvia, Ceci, Jenny, Jessi, Charo –cinco inicial- Patri, Ale de Paz, Carolina.
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cilene, R. Betim, Bea Mateos, Dany –cinco inicial- Silvia, Shio, Judith, Lara.
Goles: 1-0, m.17, Charo; 2-0, m.36, Jessi.
Árbitros: Cardero Rodríguez, González Armada; Ourense. Cartón amarelo a Jenny no Pescamar Poio. Cartón amarelo no Pescados Rubén Burela a Judith, Cilene, Bea Mateos.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Primera División, disputado en el pavillón A Seca de Poio.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
