Mondoñedo, 8 de outubro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, avanza que “en tanto na liquidación do exercicio 2015 acadouse unha situación de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira, o Concello non precisa de xeito ineludible o incremento de recadación polo IBI, motivo polo cal, e para non incrementar a carga fiscal dos veciños de Mondoñedo, propón unha rebaixa das taxas, así como diversas bonificacións.
A rexedora destaca que o Concello “cumpre así o compromiso asumido coa cidadanía de Mondoñedo para paliar os efectos da regularización solicitada polo anterior equipo de Goberno”, e sen xerar discriminacións.
Para iso, levarase a cabo unha modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles que entrará en vigor o un de xaneiro e que recollerá os seguintes aspectos:
– A redución do 0,75 ao 0,64 do tipo impositivo do IBI correspondente a bens de natureza rústica.
– Retomar a bonificación para os bens sitos en solo de núcleo rural, fixando esta bonificación de xeito estable no 20% da cota.
– A posibilidade de fraccionar o pagamento das contías resultantes da regularización catastral, cando o importe da cota a regularizar sexa superior aos 200 euros.
En concreto, o tipo de gravame aplicable os bens inmobles urbanos queda fixado no 0,50 por cento; o tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de carácter rústico queda fixado no 0,65 por cento e o tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de características especiais queda fixado no 1,3 por cento.
En canto ao recargo aplicable ós inmobles desocupados con carácter permanente, o Concello esixirá un recargo dun 50% na cota líquida do imposto. Dito recargo devengarase o 31 de decembro e liquidarase anualmente polo Concello, unha vez constatada a desocupación do inmoble, xuntamente co acto administrativo polo que esta se declare.
Exención por criterios de eficiencia e economía
A nova ordenanza establece unha exención a favor dos bens inmobles urbanos e rústicos nos que a cota tributaria líquida non exceda de tres euros. Haberá ademais unha bonificación para os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción ou promoción inmobiliaria.
Terán dereito a unha bonificación do 90 por cento sobre o cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova coma de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación abranguerá desde o período impositivo seguinte ó correspondente ó inicio das obras e ata o posterior ó remate das mesmas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, sen que, en ningún caso, a bonificación poida aplicarse a máis de tres períodos impositivos.
Bonificación para vivendas de promoción pública
Establécese unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto para as vivendas de promoción pública durante un prazo máximo de tres períodos impositivos.
Bonificación para terreos comprendidos dentro de núcleos rurais
Establécese unha bonificación do 20% na cota íntegra do imposto correspondente aos bens inmobles ubicados dentro do núcleos rurais delimitados polo planeamento urbanístico municipal.
Fraccionamento dos pagamentos
O imposto devengarase o primeiro día do período impositivo, que coincide co ano natural. Para de facilitar o pago das cotas tributarias resultantes do proceso de regularización catastral, o Concello de Mondoñedo recoñecerá o dereito ao fraccionamento do pago das mesmas nas seguintes condicións:
O importe da cota a regularizar deberá ser superior aos 200 euros.
O importe de cada pago fraccionado non poderá ser inferior aos 200 euros, salvo a correspondente á última anualidade.
Será requisito para o fraccionamento a domiciliación bancaria do pago do imposto.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



