Mondoñedo, 31 de outubro de 2016.- Profesionais expertos nos eidos da comunicación dixital e da historia contemporánea ofrecerán unha conferencia en Mondoñedo durante a que analizarán as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías ao servizo da divulgación dos produtos e dos eventos locais. En concreto, os profesionais farán fincapé nas redes socias e na internet, como ferramentas para vender ao servizo do pequeno e mediano comercio, produtores artesanais e eventos culturais.
Esta conferencia, que se desenvolverá baixo o lema O Mundo do Futuro, celebrarase o próximo venres, 4 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo. O Concello de Mondoñedo é o encargado de organizar esta iniciativa, en colaboración coa Universidade Rei Juan Carlos e o proxecto Retinae
En concreto, na conferencia intervirán o Dr. Felipe R. Debasa Navalpotro, profesor de Historia Contemporánea e Mundo Actual na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid (URJC). Debasa tamén ostenta o cargo de Secretario Xeral do Centro de Estudios Europeos URJC, ademais de ser profesor da Universidade de Linguas e Cultura de Pekín. No eido da comunicación dixital, participará José Ramón Saura, Google Developer Groups Organizer, doctorando en Marketing Dixital pola URJC e persoal de Proxectos de Investigación do Centro de Estudos Europeos URJC.
Ante esta iniciativa, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, destacou a importancia do aproveitamento das “novas tecnoloxías ao servizo da posta en valor do patrimonio mindoniense, tanto do histórico, como do turístico e do cultural e, polo tanto, como ferramentas con forte potencial para a venda, en apoio ao comercio da localidade e dos seus artesáns”.
A rexedora dixo que “pretendemos poñer en valor o patrimonio de Mondoñedo coas novas tecnoloxías para que chegue a máis xente, facendo todos os esforzos posibles para estar ao día dos cambios da nova era”.
Esta conferencia conta coa colaboración do proxecto Retinae, que se levou a cabo en convenio entre o Concello e o respaldo de diferentes institucións académicas e profesionais como a Universidade Rei Juan Carlos ou a Universidade a Distancia de Madrid e que ten por finalidade explorar os novos formatos audiovisuais, as novas tecnoloxías e os novos artefactos aero-móbiles, para enfocalos á divulgación cultural e turística, neste caso, do patrimonio mindoniense.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



