Ribadeo, 14 de outubro de 2016. O alcalde, Fernando Suárez, deu a benvida aos participantes no congreso de psicoloxía dos colexios de Galicia e Asturias, que este venres ten lugar en Ribadeo. No acto celebrado este mediodía na Casa do Concello, o rexedor salientou as posibilidades da vila para a celebración deste tipo de encontros profesionais.
Suárez Barcia deu a benvida aos congresistas “con ánimo absolutamente positivo e agradecéndovos que tiverades en conta Ribadeo para facer este encontro de psicoloxía dos colexios profesionais de Galicia e Asturias. Quérovos dar a benvida a Ribadeo e aquí á Casa do Concello, e para nós é unha honra que escollerades Ribadeo como lugar supoño que de reciclaxe, de actualización de coñecementos e de intercambio de experiencias”.
O alcalde salientou que “Ribadeo para estes encontros, témolos feito habitualmente de pediatras, de cardiólogos… que sempre escollen Ribadeo porque é un lugar agradable para compartir coñecementos, pero tamén para que despois toda esta xente o pase ben, que coma polos restaurantes da vila e que poida gozar deste concello moi humilde, pero no que temos algo de vida”.
Fernando Suárez indicou que “estamos razoablemente ben comunicados con Asturias e Galicia, pero seguimos estando certamente un pouco distantes de todo, e por iso a historia fíxonos ser un pouco autónomos, autosuficientes, temos en pequeno pero un pouquiño de todo. Para moita xente que non o coñece cando ven a Ribadeo gústalle este concello”.
O rexedor de Ribadeo dirixiuse finalmente aos asistentes insistindo en “darvos a benvida ao Concello e no que vos poidamos axudar aquí estamos desde o Concello de Ribadeo, desde as compañeiras miñas de turismo, e para o que queirades”.
En Ribadeo celébrase hoxe esta xuntanza de psicólogos de Galicia e de Asturias que participaron durante a mañá no Encontro interterritorial galego-asturiano: retos da psicoloxía no actual contexto socioeconómico; repensando a profesión na sociedade. E pola tarde asistirán a unha charla-coloquio de Francisco Javier Aznar Alarcón e despois acudirán a unha visita guiada pola vila de Ribadeo. A xornada rematará cunha cea na que farán entrega do Premio Dolores Llópiz 2016 á Rede Galega de Loita contra a Pobreza e tamén entregarán recoñecementos aos colexiados e colexiadas que cumpren 25 anos de colexiación.
Os Decanos dos Colexios de Psicólogos do Principado de Asturias e de Galicia déronlle ás grazas ao alcalde, Fernando Suárez, pola acollida que lles está a brindar Ribadeo.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



