Cervo, 14 de outubro de 2016. O Concello de Cervo organiza unha nova edición dos talleres de memoria dirixidos a persoas maiores de 60 anos. O prazo para inscribirse vai do vindeiro luns, día 17, ao 21 e comezan o 24 deste mes.
O alcalde, Alfonso Villares, anunciou hoxe que “desde o Concello de Cervo outro ano máis, imos seguir levando adiante os talleres de memoria que estamos a desenvolver no noso concello para os veciños das distintas parroquias. É unha actividade á que animamos a todas as persoas a sumarse porque eu creo que é importante por moitos sentidos. Por unha parte nestes talleres de memoria as persoas que acoden a eles poden repasar conceptos básicos de matemáticas, de lingua, de xeografía ou de sociais, que en certa maneira ás persoas que participan nestes cursos axúdalles a desenvolver todas as actividades relacionadas co coñecemento. Pero tamén teñen un feito moi importante estes talleres de memoria, que é que aquelas persoas que acoden a eles comparten as súas vivencias e eu creo que iso é importante sobre todo para quen van dirixidos”.
Alfonso Villares subliña que “os talleres de memoria van dirixidos para aquelas persoas maiores de 60 anos e o requisito que pedimos desde o Concello de Cervo é que estean empadroadas. Eu creo que é importante sobre todo nas zonas dos pobos e distintas aldeas que ten o noso concello”.
O rexedor municipal engadiu que “é unha forma máis de poder saír da casa, igual as veces de esquecerse da televisión e buscar unha boa escusa para xuntarse nun local social público dos que ten o concello de Cervo para que os distintos veciños compartan esas experiencias, esas vivencias da vida e a maiores desenvolvan todas as actividades que teñen que ver co coñecemento”.
Villares explicou que “o prazo para inscribirse nestes talleres de memoria empeza o 17 e remata o 21 deste mes; poden anotarse ben no Concello de Cervo ou ben en San Cibrao. Estes talleres van empezar este 24 de outubro e van ter lugar nos distintos locais sociais do concello”.
O alcalde cervense lembra que “na edición anterior do ano pasado os talleres tiveron lugar en Cervo, en San Cibrao, en Castelo e tamén en Rúa. A nosa intención é que se leven a cabo en máis lugares dos que agora mesmo se están a facer, ben sexa en San Román, en Sargadelos ou noutros locais onde os veciños se animen a entrar nestes talleres de memoria para compartir co resto dos residentes no municipio unha actividade que eu creo que é necesaria para todos”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



