O Grupo Teatral “O Centiño” de San Martiño continuou esta fin de semana coas súas actuacións, representando a súa obra “O Caldeiro Máxico”. O venres 30 de setembro estiveron nas Negradas, no Vicedo, mentres que o sábado 1 de outubro viaxaron ata o concello de Xermade. En ambas actuacións as risas e a diversión triunfaron sobre o aburrimento, tanto entre o público como entre os actores.
