O venres 30 de setembro o Club Atletismo Lourenzá pechaba unha tempada para dar comezo a unha nova que coincidirá (como todos os anos) coa celebración da carreira popular “Val das Fabas”.
Neste fin/comezo de tempada o club celebrou a reunión anual con todos os seus membros, presentou oficialmente ás súas novas incorporacións: VANESA LARRIET, LUÍS LONGARELA, JOSE CARREIRA, INMA (quen mañá correrá un media maratón en Glasgow) e MAR, fixo entrega da nova equipacion que o club lucirá a partir de agora e finalmente todos foron a celebralo a un restaurante próximo.
Desde o club agradecen “a compañeiros, seguidores, amigos das nosas páxinas web, medios de comunicación e patrocinadores TODO o apoio que deles recibimos”.