Burela, 14 de outubro de 2016. O Concello procede estes días a renovar os contedores que se atopan en peor estado. Faino coa axuda da Mancomunidade de Municipios de A Mariña.
A edil de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, sinala que “estes días estamos cambiando aqueles contedores que estaban máis deteriorados en diferentes puntos da localidade. Estamos colocando 9 recipientes verdes de 800 litros de capacidade, 10 contedores verdes de 360 litros, 9 amarelos e 3 de papel. Facémolo coa axuda da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Nós aportamos arredor de 1.600 euros, que é o 20 por cento do seu custe”.
A concelleira de Medio Ambiente engade que “pouco a pouco iremos renovando todo aquel material que estea estragado co obxectivo de ofrecer uns bos servizos aos nosos veciños e veciñas e para ofrecer a mellor imaxe posible de Burela”.