Un ano máis un grupo de alumnos e alumnas do IES Ribadeo Dionisio Gamallo compartiron dez días de experiencias e vivencias co alumnado do Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen (Stuttgart).
Asistir a clases, coñecer o sistema educativo alemán, convivir nos seus momentos de recreo,… forman parte xa da experiencia de 1º de Bacharelato. O alumnado alemán estuda español como segunda lingua, aínda que o medio de contacto sexa o inglés, e algún/ha dos nosos se atreva co alemán básico. A estadía en familias supón adentrarse na rutina, tradicións e costumes do lugar, e tamén unha lección de vida que resulta, sempre, moi positiva.
As visitas á cidade universitaria de Tübingen, ao campo de concentración de Struthof, o paseo por Estrasburgo, a pe e polo río, achegan ao noso alumnado á realidade histórica e á realidade sociopolítica na que vivimos; o museo da Mercedes Benz en Stuttgart, as súas plazas e mercados, as casas de pensadores ilustres como Hegel o Schiller, póñenos en contacto cos últimos avances tecnolóxicos, sen esquecer a historia e os avatares de Europa e a vida e obra dos pensadores máis clásicos e universais; o paseo por Munich, escenario de sucesos capitais na historia reciente,… todas estas actividades permiten abrir a mente a unha perspectiva más ampla que complementa á contida nos libros.
Coñecemento, experiencias, convivencia, estudo,… son características que definen un proxecto de cooperación para a Innovación e o intercambio de boas prácticas entre centros escolares que é o obxectivo primordial do Plan de Europeización que se ven desenvolvendo desde fai anos no IES de Ribadeo. Estes obxectivos se inclúen nun Programa Erasmus de mellora do éxito escolar para acadar a excelencia.