Veciños do barrio do Porto en Escourido da parroquia de Covas denuciaron fai meses no Concello a pésima situación da estrada desde o propio barrio ata a Área Etnográfica da Insua, sen que ata o de agora o goberno local mostrara o máis mínimo interese polo seu mantemento, tal e como é a súa obriga. Si xa como acostuma esta zona turística está en completo abandono (sucia e con maleza), os seus accesos seguen o mesmo, con numerosas fochancas o que provoca a diario un perigo, non só para os veciños deste barrio, senón tamén para os viandantes e turistas que a menudo visitan esta zona da Insua que presenta un aspecto tercermundista que o noso pobo – concello turístico – non se merece.
Por esta estrada circulan a diario tanto vehículos – de veciños e turistas que desexan coñecer a Área Etnográfica e a Cova da Doncela -, como camións de gran tonelaxe, xa que o seu carón está o depósito de bombonas de butano Repsol, aumentando deste xeito o número de vehículos que transitan por unha estrada en mal estado e que necesita dunha reparación inmediata.
Este é un exemplo máis da situación na que se encontran moitas das pistas e camiños da ZONA RURAL do noso Concello, cheas de fochancas e con abundante maleza, motivos polos que o grupo municipal do PP non se cansará de transmitir ó goberno local todas estas deficiencias ata conseguir que se lles de solución ás mesmas.
Unha vez máis solicitamos ao equipo de goberno socialista, quen ten a obriga de manter tanto as estradas que son da súa competencia, como as rúas, que o faiga en tempo e forma, e que non aconteza como na rúa Jesús Noya – no propio casco da cidade – onde hai varios baches dende xa fai tempo sen que ata a data a delegación de obras do Concello lles teña dado unha solución.
Desde o grupo municipal do PP vimos recordándolle ó goberno local pleno tras pleno, suntos relacionados co mantemento das zonas públicas que son da súa competencia, así como as obrigas que teñen cos nosos veciños, sen que pola súa banda se faiga moito caso e desgraciadamente so poidamos constatar unha realidade moi distinta que é máis impostos e peores servizos.