Ribadeo, 21 de outubro de 2016. Unha trintena de persoas asistiron na tarde deste xoves no salón de actos da antiga casa sindical á charla sobre Alimentación e Saúde, que pronunciou a dietista naturópata Nuria Granados. Na súa intervención fixo fincapé nas pautas para levar unha vida saudable a través dunha alimentación equilibrada. Nuria Granados subliñou a necesidade para comer produtos máis naturais, máis próximos, produtos de tempada e de mercado, fronte aos que nos chegan envasados ou plastificados.
Trátase de ir creando conciencia aos poucos: “eu vexo de cinco anos para aquí que hai un gran cambio, cada vez hai máis tendas de alimentación ecolóxica que abren e funcionan de marabilla, cada vez hai máis grupos de consumo que se preocupan por introducir o alimento ecolóxico na súa casa, cada vez hai máis leites vexetais no supermercado, por exemplo”, sinalou Nuria Granados. A dietista tamén aludiu á importancia do auga: “non é fácil atopar auga de calidade, do grifo ou en botella, e é moi importante concienciarnos de que somos un setenta por cento de auga e que temos que beber auga de calidade”.
A charla sobre Alimentación e Saúde foi organizada por Acisa.