A institución do Valedor do Pobo iniciou hai un ano un programa de achegamento á cidadanía que levou á súa titular, á Valedora do Pobo, a visitar a diferentes localidades de Galicia coa idea de ofrecer e dar a coñecer os seus servizos á cidadanía e poder manter contacto directo coas persoas.
Despois do seu exitoso paso por Ourense, A Coruña, Ferrol e Pontevedra, a Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, desprazarase o próximo xoves, 3 de novembro a Viveiro, para manter un encontro idéntico cos representantes do tecido social, cultural, veciñal e cívico da localidade. Este encontro está aberto a todos os cidadáns que desexen achegar as súas impresións ou queixas á valedora, que estará encantada de atendelos e de dar resposta as cuestións que lle prantexen sobre a institución.
“Gustaríanos contar coa presenza dalgún representante desa entidade. A idea consiste en ofrecer unha pequena charla aos asistentes, e poder logo manter encontros máis polo miúdo coas persoas que desexen trasladarnos as súas inquedanzas, queixas ou consultas”.
O encontro coa veciñanza celebraráse, como diciamos, o xoves, 3 de novembro na Sala Multiusos do Concello (Praza Maior, s/n, planta baixa) en horario de 16.00 a 18.30 horas.
Estaremos encantados de contar coa súa presenza e a doutras persoas do seu entorno ás que lles poda interesar.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



