A Mariña, 3 de novembro de 2016. A Federación de Comercio A Mariña estrea este fin de semana nos cinemas de Viveiro e de Ribadeo o novo anuncio publicitario para potenciar as compras no comercio local durante o próximo nadal. A protagonista do anuncio é Daniela, unha nena de 5 anos, de Burela, que estivo presente na primeira proxección do anuncio, que tivo lugar nas últimas horas en Cinemas Viveiro.
O presidente da Federación de Comercio A Mariña, Ramón Leivas, subliña que “o obxectivo deste novo anuncio é apoiar e potenciar as compras no comercio local. Eu creo que Emarela, que foi a produtora fixo un anuncio que dá co que queremos presentar, acerta plenamente. Cunha protagonista, Daniela, que a ver se nos sae unha futura actriz, unha nena con moito carisma”.
Leivas declarou que “nós o que queremos é concienciar á poboación desta comarca de que hai que comprar na Mariña xa que somos mariñáns e debemos comprar na Mariña. Evidentemente por unha banda demandamos as compras na Mariña e tamén nós como comerciantes temos que poñernos ao día para dar ese servizo que queremos ofrecer na Mariña e que a xente non se nos vaia a outro sitio. Ten que haber un compromiso por parte dos mariñáns e por parte dos comerciantes da Mariña”.
O presidente da FCAM engadiu que “agora vanse a ver os dous anuncios no cinema e esperemos concienciación por parte dos mariñáns e tamén por parte dos empresarios”.
Laura Vázquez, de Emarela, a empresa encargada da realización do anuncio, contou que “este segundo anuncio da Mariña Federación é un pouco máis conceptual que o anterior. No anterior queriamos reflectir unha situación que podía ser a realidade de calquera dos clientes que ten o comercio local asociado. Naquel momento contamos cunha moza parella. E neste caso queriamos representar a través dunha pequena metáfora que o ecosistema da Federación de Comercio da Mariña é un ecosistema fráxil, pero que beneficia a todos, e que se faltase algunha das pezas, as da base que son os clientes, todo se desmoronaría. Recalcar a importancia que teñen os clientes para que ese ecosistema funcione e que nos beneficie absolutamente a todos. Á fin e ao cabo o comercio asociado é o que fai a vida dun pobo, o que nos enche de actividades, de lecer, contribúe ao tecido económico, pero tamén ao lecer dos cidadáns e se non se lle apoia comprando iso desaparecería e quedariámonos sen nada”.
Laura Vázquez tivo palabras de agradecemento para todas as persoas que participaron na rodaxe dos dous anuncios da FCAM. Ambos se proxectarán ata despois do Nadal nos cinemas de Viveiro e de Ribadeo.
A estrea do novo anuncio tivo lugar en Viveiro. Ao mesmo asistiron varios directivos da Mariña Federación, así como a protagonista, a pequena Daniela, que estivo acompañada pola súa familia.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



