Foz, 3 de novembro de 2016. Este venres arrinca unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Cada venres, os días 4, 11, 18 e 25, destinaranse 300 euros para o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados.
O Campañazo poderase seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Aquela persoa que cante o Campañazo deberá chamar rapidamente á emisora desde o local no que estea a seguir o sorteo. E o mesmo deberán facer o resto de premiados cada venres pola noite.
Un total de 60 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz, unha iniciativa que xa está consolidada, porque leva varios anos celebrándose nos meses de novembro e de xaneiro.
Os que reparten os cartóns son: 100 P’S calzado y complementos, Alain Afflelou, asesoría Marcos Fernández, pastelería Anduriña, calzados Pirde, carnicería Mercedes, Carola Moda, Casa Moreda, Cenor Belianorte, centro dietético Alba Vila, centro óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ecoadellao (produtos ecolóxicos), Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco Nº 2, farmacia Antonia Ulloa, farmacia Fátima Saa, ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola outlet, Kukadas, La Flor Abulense 2, La Gardenía Floristería, Lencería Esther, Librería Bahía, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Moda Íntima, Mapfre, María Docampo Moda, MRW Foz, Ofifoz, Parafarmacia Foz, pastelería Amarena, pescadería Os Coyotes, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz, Viajes Rodríguez e Xanela agasallos e complementos.
E os locais nos que se pode seguir o Campañazo todos os venres de novembro son: A Viela, Acuario, As Brasas, Express, Happy Days, Mayros, Casa Maño, Costumes do Mar, Fraggle Rock, Marexada, pizzería Xoiña, Dandy, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón e Xoyma.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



