O programa Parolando do xoves 24 de novembro falaba da loita contra o cancro e dunha admirable iniciativa levada a cabo o pasado fin de semana en Viveiro: a actividade bautizada como “Un día con nosotras”. Tivemos connosco nos estudos da Radio Burela ás tres organizadoras do evento: Isabel Casas Pérez, propietaria de la pizzería Sixties; Ángeles Galdo, copropietaria del Hotel Val do Naseiro, e Teresa Pérez Rodríguez, psicóloga, fisioterapeuta e coach e propietaria e directora do centro de psicoloxía e coaching E-Movere. Tamén estiveron connosco Beatríz Píñon, representante da Asociación Española contra o Cancro en Viveiro e Dulce María e Piedad, representantes da asociación Esperanza, de Burela, que organiza diversas actividades para colaborar na loita contra o cancro. No aspecto médico contamos coa presenza de Carlos Fraga, médico Presidente do Comité de Paliativos na Mariña Lucense. O programa non só resultou didáctico e positivo no aspecto médico, senón tamén moi sentimental e aleccionador no aspecto humano.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



