O pasado sábado 12 de novembro o Club Castelarco do Valadouro participaba, con cinco arqueiros en distintas modalidades e categorías, no Trofeo da Federación Galega de Tiro con Arco en Sala disputado no Pavillón Municipal do Concello de Valdoviño (A Coruña).
Fidel Rodríguez González destacaba en Arco Composto Veterano logrando subir ao podio como segundo clasificado sumando 533 puntos quedándose a só 2 puntos do primeiro clasificado.
Eduardo Domínguez Lestao disputaba a categoría de Veteranos en Arco Recurvo conseguindo 479 puntos o que lle levo á sétima posición da táboa e quedándose a 16 puntos do podio da categoría.
Na Categoría Sénior de Arco Recurvo competiron os arqueiros Daniel Rosales e Iago Fernández que se estreaba na categoría. Conseguiron o posto 19 con 416 e o 22 con 378 puntos, respectivamente.
Daniel Rosales Concheiro que empeza a dar os seus primeiros pasos no mundo do arco participaba na categoría Infantil da Competición.
Bárbara Álvarez e Juan Cortiñas asistiron cos seus compañeiros, pero non puideron participar por lesión.